"Elementos radioactivos" poderían en perigo á poboación de varios municipios de Ourense de aprobarse unha mina, alertan activistas

ContraMINAcción denuncia que "pretenden" outorgarlle a concesión "sen" esa "preceptiva" análise

|

ContraMINAcción explica que a nova mina de Avión e Beariz podería implicar a contaminación dos mananciais locais con partículas de cesio e rubidio. A concesión cambiou de donos varias veces recentemente.


Colectivos englobados en ContraMINAcción presentaron alegacións a un proxecto de explotación mineira nos concellos ourensáns de Avión e Beariz (Ourense), onde a plataforma denuncia que "pretenden" outorgarlle a concesión á iniciativa "sen a preceptiva avaliación de impacto ambiental".



Drenaxeacida

Imaxe de recurso dunha drenaxe nunha mina



O proxecto, segundo explica a plataforma a través dunha nota de prensa, "faría parte dun plan moito máis amplo artificiosamente fraccionado para evitar o trámite ambiental".

Por iso, ContraMINAcción 

Segundo apunta no comunicado, en xuño de 2018, unha empresa creada o mesmo ano en que adquiriu os permisos de investigación 'Alberta I', solicitou a Minas en Ourense a concesión de explotación deses permisos para unha explotación nas proximidades aos lugares de Doade, Acevedo e Rubillón, en Avión e Beariz.


"Para poder acceder a este expediente mineiro, ContraMINAcción tivo que salvar innumerables trabas administrativas durante varios meses e presentar varios recursos e aclaracións, a pesar de que a lei de acceso á información ambiental sinala que a información ambiental debe poñerse ao dispor de quen a solicite no prazo dun mes", apunta.



Ademais, engade que o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME), na determinación do alcance do estudo ambiental doutra solicitude de explotación anterior "que comprendía parcialmente o mesmo permiso de investigación, xa alertou sobre os riscos de formación de augas acedas de minas e subsidencia pola proximidade de núcleos habitados, declarando a necesidade de someter o proxecto ao trámite de avaliación de impacto ambiental".

Así mesmo, menciona á Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), que, segundo di, "para ese mesmo proxecto solicitou que o estudo ambiental avalíe con detalle e rigor a presenza de torio e outros elementos radioactivos asociados aos minerais (tantalita e casiterita) que se pretenden explotar".

"OBVIAN O RISCO"
Segundo estes colectivos, a xefatura da sección de Avaliación Ambiental "obvia totalmente o risco de produción de augas acedas de minas na necesidade de drenaxe e achique dos máis de 5 quilómetros de galerías cunha profundidade de ata 300 metros baixo terra".


É máis que probable a presenza de elementos radioactivos (como rubidio e cesio) que van extraídos, machucados, depositados en vertedoiros, suxeitos a disolución e inxección nos leitos superficiais contaminando acuíferos e poñendo en risco ao medio e á poboación


Ao seu xuízo, "é máis que probable a presenza de elementos radioactivos (como rubidio e cesio) que van extraídos, machucados, depositados en vertedoiros, suxeitos a disolución e inxección nos leitos superficiais contaminando acuíferos e poñendo en risco ao medio e á poboación (particularmente aos traballadores da mina)".


Subliña, igualmente, que "a lei de avaliación ambiental determina que os proxectos cuxos minados atópense a menos dun quilómetro de núcleos urbanos que poidan inducir riscos por subsidencia (ou afundimento dos terreos) deben ser sometidos á avaliación de impacto ambiental". E "neste caso temos vivendas a menos de 300 metros".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE