Sexto rebrote en Vigo tras a celebración familiar dun aniversario
A área sanitaria de Vigo rexistrou o seu sexto brote, un foco de orixe familiar que afecta a cinco persoas, informaron fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Vigo superará probablemente os 60 casos activos este domingo, pois o sábado contaba con 56 e apareceu un brote con cinco positivos.
Os contaxios puideron producirse en unha reunión de varios membros dunha mesma familia para celebrar uns aniversarios.
Galicia rexistra este sábado un total de 308 casos activos, 28 máis que na xornada de onte, e acumula nove días de subidas. Os datos deste novo brote en Vigo aparecerán reflectidos na actualización de casos activos de mañá.
Escribe o teu comentario