Dous cupóns da ONCE dedicados ao Día de Galicia e á accesibilidade no Camiño de Santiago

A ONCE vén de presentar dous novos cupóns, un deles dedicado ao Día de Galicia, que é este sábado, e outro á accesibilidade no Camiño de Santiago. Os sorteos serán, respectivamente, o día 25 de xullo e o 5 de agosto.


|

A ONCE vén de presentar dous novos cupóns, un deles dedicado ao Día de Galicia, que é este sábado, e outro á accesibilidade no Camiño de Santiago. Os sorteos serán, respectivamente, o día 25 de xullo e o 5 de agosto.


Presentación dos cupóns da ONCE dedicados ao Día de Galicia e á accesibilidade do Camiño de Santiago

Na presentación participaron, ademais do delegado territorial en Galicia da ONCE, Manuel Martínez Pan, e o presidente do Consello Territorial da organización, Carlos Fernández, o conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, e a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira.

O conselleiro destacou na súa intervención que non é a primeira vez que a Xunta se implica nun proxecto coa ONCE, que é "un socio respectado e útil para a sociedade". Traballan tamén en iniciativas como unha aplicación, que se presentará en setembro, baseada no GPS e que permitirá ás persoas cegas facer o Camiño de Santiago de forma independente, indicou Rodríguez.

Coa iniciativa destes dous cupóns, que serán en total 11 millóns (5,5 millóns cada un), súmanse "dúas marcas moi empáticas: o Xacobeo e a ONCE", resaltou o titular en funcións de Cultura e Turismo.

Pola súa banda, Martínez Pan considerou que o regreso dos vendedores da ONCE, desde o 15 de xuño, é tamén un "elemento de normalización" tras o confinamento pola pandemia de COVID-19 e destacou que, con estes dous novos cupóns, a organización súmase "ao reclamo do destino seguro que é Galicia".

Carlos Fernández afirmou que, tras o confinamento, agora é momento de "facer algo máis difícil, que é volver á normalidade con máis responsabilidade e ilusión". O futuro, sinalou, xera tamén "dúbidas e incertezas" para os traballadores con discapacidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE