(​VÍDEO) InvestiGal enumera as moitas razóns polas que se debe apostar pola investigación

Desde a Rede Galega pola Investigación realizaron un repaso aos motivos polos que se debería apostar máis pola investigación e a Innovación. 


|

Desde a Rede Galega pola Investigación realizaron un repaso aos motivos polos que se debería apostar máis pola investigación e a Innovación.


Ademais, InvestiGal cuestionou ás diferentes forzas políticas que se presentan nestas eleccións galegas sobre os puntos dos seus respectivos programas a este apartado, recalcando a importancia de implementar o I+D+i na comunidade.




En InvestiGal consideran que a investigación debe ser “un dos alicerces da Galicia do futuro”. Desde a plataforma apelan en primeiro lugar a como a curiosidade e a procura de coñecementos foi sempre un motor fundamental ao longo da historia humana. O peso deste aspecto percíbese nos moitos avances tecnolóxicos que gozamos cada día, que só son posibles grazas á investigación.


Segundo as cifras que manexa a rede, Galicia atópase entre o quinto ou o sexto posto a nivel estatal no referido aos recursos destinados á investigación. Aínda que celebran que “non partimos de cero”, si agregan que aínda “queda moito traballo por facer” neste campo, xa que o investimento galego aínda se atopa lonxe do 1,24% de media estatal e aínda máis afastada dos niveis de Euskadi, que destina preto do 2% do seu PIB á investigación, a comunidade máis próxima á media europea, situada no 2,11%.



Para Galicia, alcanzar as cifras da media estatal supoñería un investimento próximo aos 200 millóns de euros, mentres que para poñerse ao nivel dos seus socios continentais o gasto dispárase ata os 734 millóns. “Son 29 km de AVE”, exemplifican desde InvestiGal. “Non parece demasiado se temos en conta o beneficio que podemos extraer como sociedade”, razoan. Un beneficio que desde a rede aventuran como “un negocio rendible” sempre que se “conciba e deseñe” de forma correcta, algo que xa xerou grandes beneficios económicos en País Vasco e Cataluña.


Con todo, en Galicia, como sinala a plataforma, “non existe a figura do persoal investigador”, polo que ese sería un dos primeiros aspectos a corrixir antes de avanzar neste sector. A continuación, reclaman “boas políticas en investigación deseñadas para tratar cun sistema complexo” que conte tanto con persoal investigador como persoa técnico “que sustente e apoie toda a estrutura”


INVESTIGACIÓN E ELECCIÓNS    

Hugo López, un dos membros de InvestiGal, insiste en que “sen ciencia non hai futuro”. Nese sentido, desde a plataforma celebraron as palabras dalgúns candidatos na carreira electoral. Antón Gómez-Reino, candidato de Galicia En Común, reflectiu na súa intervención durante un dos últimos debates radiofónicos a aposta pola investigación e o desenvolvemento do seu programa electoral, mentres que Ana Pontón, candidata polo BNG, lembrou que o seu modelo é o da “economía verde que aposte pola ciencia e a innovación”.



En cambio, desde o Partido Popular, e cuestionados por InvestiGal, non avanzaron “compromisos concretos”, como sinala a plataforma, pero si que é un tema que debe acordarse cos actores implicados. Ese mesmo camiño, o de seguir a liña que marcan as demandas dos investigadores, é o que parece seguir a campaña do candidato socialista, Gonzalo Caballero, que comentou a súa intención de crear unha Consellería de Ciencia e Innovación se alcanza a cadeira de brazos de San Caetano o próximo 13 de xullo.  


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE