As liñas de bus dentro de una mesma provincia volverán funcionar ao 100% desde este mércores
As liñas de autobús de competencia autonómica que operan dentro de una mesma provincia volverán funcionar ao 100% a partir deste mércores, 1 de xullo.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución da Dirección Xeral de Mobilidade que tamén establece que os transportes de viaxeiros entre provincias funcionarán, polo menos, nun 80%.
Segundo informa a Xunta nun comunicado, con esta medida búscase adecuar a oferta de transporte público ás actuais necesidades de poboación despois de que se superaron as restricións de mobilidade derivadas do coronavirus.
Así mesmo, o pasado sábado publicouse unha orde que permite a ocupación de todas as prazas nos taxis e VTC, incluído o asento contiguo ao condutor, mentres se mantén o uso obrigatorio de máscaras por todos os ocupantes.
Escribe o teu comentario