"Coronavirus", "desescalada" e "teletraballo" xa son oficialmente novas palabras da lingua galega

O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega (RAG) acordou na súa última reunión, celebrada telemáticamente, incorporar ao dicionario os termos 'covid-19', 'coronavirus', 'teletraballo', 'desconfinamento' e 'desescalada', xunto a outras palabras de "uso crecente en plena pandemia".

|

A pandemia modifica mesmo a linguaxe e a Real Academia gALEGA actualiza o dicionario en consecuencia. Unha RAG que destaca o récord de visitas ao seu léxico en liña durante a corentena.


O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega (RAG) acordou na súa última reunión, celebrada telemáticamente, incorporar ao dicionario os termos 'covid-19', 'coronavirus', 'teletraballo', 'desconfinamento' e 'desescalada', xunto a outras palabras de "uso crecente en plena pandemia".


O dicionario da RAG incorpora 'desconfinamento' e 'covid-19', entre outras palabras da pandemia.


Así o informou a RAG nun comunicado, no que explica que estes termos "son visibles" desde a mañá deste venres na edición en liña desta ferramenta da lingua galega.

BUSCAMOS MÁIS PALABRAS NO DICIONARIO
Desde o comezo do confinamento o pasado 15 de marzo, o Dicionario da RAG alcanzou "o maior volume de consultas da súa historia", subliñou a institución.

En concreto, indicou que terminou o mes de marzo cunha media de 113.000 procuras diarias que en abril chegaron ás 133.000 --case catro millóns en total--, segundo matiza, un 82% por encima das rexistradas no mesmo período do ano anterior.

"A crise sanitaria tamén deixou pegada entre os termos máis buscados", indicou a RAG, que apuntou que, xunto a 'só', 'máis', 'fóra' ou 'botar', nas últimas semanas aumentaron as procuras das palabras 'corentena', 'confinamento', 'máscara' e 'pandemia'.

Entre as novas voces incorporadas figuran outros termos da medicina relacionados coa pandemia como os substantivos femininos 'sepse' e 'sepsia', así como 'asintomático', 'asintomática', o antónimo de 'sintomático'.

De igual maneira, xunto á palabra 'webinario', o Seminario de Lexicografía acordou engadir o fraseoloXismo 'seminario web' na entrada de 'seminario'.

O Dicionario da RAG "enriquécese tamén", resaltou a institución, coas palabras 'desconfinamento' e 'desescalada', formadas cun prefixo (des-) a partir de palabras que xa figuraban incluídas, 'infodemia' e 'resiliente', e incorpora as acepcións de 'resiliencia' relativas á capacidade de adaptación a situacións adversas.


Nenos en casa e teletraballo: aproveita esta oportunidade



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE