​(VÍDEO) “Mil primaveras máis”: a lingua galega recibe apoio desde o Círculo Polar Ártico

Desde a Illa de Tromsø, Lill Tove Fredriksen, profesora da Universidade do Ártico, súmase á campaña ‘Mil primaveras máis’ da Escola de Ensino Galego SEMENTE co seu Proxecto Moas.


|

Desde a Illa de Tromsø, Lill Tove Fredriksen, profesora da Universidade do Ártico, súmase á campaña ‘Mil primaveras máis’ da Escola de Ensino Galego SEMENTE co seu Proxecto Moas.



A lingua sami compártena ao redor de 30.000 persoas en todo o mundo. Para manter unha conversación cun falante nativo de sami hai que ir ben abrigado, porque é unha lingua propia de Noruega, Suecia, Finlandia e Rusia. De feito, posiblemente o falante de sami máis ilustre sexa Papa Noél, que ten o seu taller en Laponia, unha zona de onde é orixinaria esta lingua. Pois desde alí a profesora da Universidade do Ártico, Lill Tove Fredriksen, manda o seu máis enérxico apoio á lingua galega grazas ao Proxecto Moas e a campaña ‘Mil primaveras máis’ da Escola de Ensino Galego SEMENTE.


A institución iniciou este proxecto para buscar apoio económico coa intención de abrir un novo centro “ que reúna ao alumnado de infantil e primaria nun mesmo edificio en Moas”. Profesores do centro e activistas defensores das linguas minoritarias de todo o mundo darán o seu apoio ao longo deste mes ao proxecto con vídeos como o da profesora Lil Tove Fredriksen, que se suma á causa desde a Illa de Tromsø, en Noruega.


Kurdistán, Libia, Canadá, Gales, Cabo Verde…da man de SEMENTE decenas de linguas minoritarias de todo o mundo sumarán a súa voz á campaña de crowfunding da institución e á defensa da lingua galega. “O Proxecto Moas reuniu en quince días máis de 350.000 euros en avais de centos de persoas que deron o seu apoio económico ao proxecto”, informa a escola, que segue en busca de máis doazóns que poida sufragar este proxecto.



SEMENTE, que comezou a andar en 2011 como un proxecto de inmersión lingüística de autogestión do movemento social allego, xa conta con tres escolas en Compostela e está presente Vigo, Lugo ou A Coruña e ten ao dispor daqueles que queiran colaborar unha web con información ou un correo para poder contactar coa institución, que ao longo deste mes irá publicando novos vídeos de apoio. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE