Un incendio destrúe varios coches nunha rúa da Coruña (vídeos)
Sete vehículos resultaron calcinados debaixo dunha ponte na cidade herculina debido a un lume, que puxo en alerta aos veciños da Rúa Posse na madrugada deste martes.
De madrugada tiveron que saír os bombeiros para combater un lume debaixo dunha ponte na Rúa Posse
Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar pasados uns minutos das 3,00 horas deste martes e ao lugar acudiron os bombeiros da cidade e axentes da Policía Local.
Incedio de coches en Rúa Posse da Coruña nunha imaxe de @bombeiroscoruna
Foi o "intenso fume producido" polo incendio, concretou o 112, o que puxo en alerta aos veciños da zona, que non podían precisar que sucedía debaixo da ponte da Rúa Posse, pero apuntaron que escoitaban pequenas explosións.
Con estes datos, os xestores do 112 Galicia contactaron cos axentes da Policía Local e cos Bombeiros da Coruña para sufocar o incendio que terminou por afectar a sete vehículos estacionados no lugar.
Aínda que ningunha persoa resultou ferida, os danos materiais foron cuantiosos, apuntaron as mesmas fontes de emerxencias.
Escribe o teu comentario