​Vendede máscaras á xente

Manuel Fernando González Iglesias

Unha das barbaridades que cometeron os nosos políticos ademais de deixar colgados aos profesionais sanitarios deste país tendo os almacéns de material para uso de hospitais e centro de saúde sen fondos dos que botar man, foi sen dúbida, recluírnos a todos e non poñendo en farmacias ou lugares como Mercadona un punto de subministración de polo menos unha máscara por persoa, ou sinxelos botes de alcol para desinfectarse as mans.


Mascarillacoronavirus 1




E que non me digan os gurús da Moncloa que iso non é posible, xa que a xente coa que convivo cada día no Hospital é disciplinada e segue ao pé da letra o que lle din as persoas que controlan a súa entrada no recinto.


Para que che reclúen en casa se nada hai para defenderse minimamente dun contaxio? É que seica este país non ten fábricas que poden reconverter a súa produción para facer batas para médicas e enfermeiros, ou esas máscaras básicas anticontagiantes?


Calquera de nós viu, estes días como a un familiar próximo non lle deixaron achegarse a comprobar se ten a enfermidade a través dunha sinxela proba para a que non hai kits. Estes, por suposto non faltan para futbolistas, parlamentarios e mesmo membros do Goberno.  


Vexo tamén con profunda tristeza como a algunha política famosa e ao seu marido ingrésana nun hospital público para curala desta peste do coronavirus, mentres que aos pobres que acolle o Pai Anxo visítalles a enfermidade e algúns falecen. Calquera de nós viu, estes días como a un familiar próximo non lle deixaron achegarse a comprobar se ten a enfermidade a través dunha sinxela proba para a que non hai kits. Estes, por suposto non faltan para futbolistas, parlamentarios e mesmo membros do Goberno. A escusa desgraciadamente xa se converteu en lóxica: Bloquéanse os centros médicos.


Finalmente está o das Residencias, onde os nosos maiores caen como moscas porque xa son vellos e achacosos e esquecéuselles aos que mandan metelos nas súas previsións e estatísticas. Mentres, unha nova xeración de “profetas” que non médicos, van decidir moi pronto a quen se entuba e a quen non especialmente se teñen unha certa idade. O que se decida en cada caso, non será un diagnóstico, senón un acto de adiviñación premeditado moi parecido ao moi popular “pito, pito, gorgorito….”.


Déixense xa de chalaneos e palabras ocas e deixen que a xente se poida comprar se quere unha sinxela máscara cando vai ao supermercado e un botecito de alcol. Ou é pedirvos moito, pais da patria?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE