A ORA de Vigo "fai caixa" multando a veciños que confinados polo coronavirus (vídeo)

Filmado desde o balcón, apréciase perfectamente como o vixiante do XER multa e fotografa vehículos a pesar das queixas da veciña desde o balcón.


|

Ten sentido que os vixiantes da Ordenanza Reguladora de Aparcamento  (ORA) poñan sancións aos coches que exceden o tempo en zona azul cando os seus donos están confinados? Son varias as urbes galegas que suspenderon a cobranza da ORA e as multas. Non sucede así en Vigo, como proba este vídeo.


Vixiante ORA vigo coronavirus




Filmado desde o balcón, apréciase perfectamente como o vixiante do XER multa e fotografa vehículos a pesar das queixas da veciña desde o balcón. 


O traballador encóllese de ombreiros porque no fondo, como recoñece a veciña, non é a súa culpa. De feito, o colectivo de vixiantes está en contra de seguir controlando o aparcamento. O sindicato UXT na concesionaria Donier denunciou que "non entendemos como se pode poñer en perigo de contaxio a traballadores, usuarios e ás súas respectivas familias".




Tanto desde a Marea de Vigo como desde o PP reclamáronse ao edil do PSOE Abel Caballero que suspenda a zona azul.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE