​(VÍDEO) As Urxencias do CHUAC responden os aplausos da cidadanía: “Imos dalo todo contra o coronavirus”

“Estamos xuntos en isto”, din os profesionais da sanidade pública, que quixeron facer público o seu agradecemento ao movemento cidadán que recoñeceu o labor dos traballadores do sector da saúde por medio dun aplauso unánime onte ás 22 horas.


|

“Estamos xuntos en isto”, din os profesionais da sanidade pública, que quixeron facer público o seu agradecemento ao movemento cidadán que recoñeceu o labor dos traballadores do sector da saúde por medio dun aplauso unánime onte ás 22 horas.



Os empregados do Hospital Clínico Universitario da Coruña responderon con emoción ás mostras de agarimo e recoñecemento que chegaron ao longo das últimas horas por parte da cidadanía, que poñer en valor o esforzo que desde os hospitais e centros de saúde de todo o país está a levarse a cabo para poñer freo ao coronavirus e atender aos afectados.


Do mesmo xeito, desde o CHUAC insisten en que é fundamental respectar a corentena e facer caso ás autoridades sanitarias. “Axúdasnos? Quédache na casa”, animan desde o hospital.


“Oímosvos aplaudirnos nas xanelas e foi moi emocionante. Estamos xuntos nisto. Imos dalo todo”. O vídeo conclúe cun aplauso por parte dos profesionais da sanidade a todos os cidadáns que lles deron o seu apoio nestes momentos tan difíciles.  


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE