​Naturgy apraza as facturas a pemes e autónomas por mor da crise do coronavirus

A enerxética puxo en marcha esta medida a partir das facturas que se emitan desde este momento “co obxectivo de que empresarios e emprendedores poidan facer fronte á crise do coronavirus e axudar a paliar o impacto nos seus ingresos”.


|

A enerxética puxo en marcha esta medida a partir das facturas que se emitan desde este momento “co obxectivo de que empresarios e emprendedores poidan facer fronte á crise do coronavirus e axudar a paliar o impacto nos seus ingresos”.


Edificio da sede de Naturgy en Madrid.


Naturgy, que vén á súa vez de presentar un plan especial que busca permitir a conciliación dos seus traballadores e contribuír a paliar o contaxio do virus, pretende con estas “iniciativas especificas” axudar aos seus clientes, afectados por esta crise que xa se está facendo notar na economía nacional.


“As facturas das pemes, micropemes, autónomos ou pequenos negocios como restaurantes ou barberías, que se acollan ao novo plan de axuda, poderán ser abonadas na segunda parte do ano. Naturgy farase cargo do custo destas facturas durante estes meses, financiando aos seus clientes a 6 meses sen intereses, e permitindo así flexibilidade o pago da enerxía”, informan desde a compañía. Desta iniciativa poderanse beneficiar, segundo as contas da enerxética, “ata 250.000 clientes, pemes ou autónomos”, dos cales 46.686 atópanse en Galicia.  


Francisco Reynés, presidente de Naturgy, destacou que “a orientación ao cliente da compañía queda demostrada neste tipo de accións rápidas que pretenden axuntar esforzos en momentos excepcionalmente adversos” e que as empresas teñen a obrigación de ser “conscientes” da súa responsabilidade para apoiar a contorna “en momentos conxunturais de alta incerteza”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE