A irrupción de manifestantes de Alcoa San Cibrao marca o pleno da Deputación de Lugo
A protesta de Alcoa na cidade de Lugo condicionou o desenvolvemento do pleno da Deputación provincial. Decenas de traballadores irromperon no edificio, onde foron recibidos polo propio presidente da institución, José Tomei.

Pleno da deputación lucense |Foto: @PSOELugo
O pleno iniciouse cunha media hora de atraso. Ao comezo da sesión, a portavoz do PP,
Elena Candia, quixo que se modificase a orde do día para tratar unha moción para a supervivencia de Alcoa, ao que se negou o presidente, José Tomei.O momento de máis tensión produciuse cando irromperon decenas de manifestantes á sala de invitados. A pesar diso, tras a intervención dos traballadores de seguridade, os traballadores abandonaron a sede provincial sen incidentes.
Entre os puntos aprobados atópase a proposta de modificación das directrices sobre a consulta previa no procedemento de elaboración das Ordenanzas e Regulamentos Provinciais.
Escribe o teu comentario