O PSOE denuncia en Contas que Baltar repartiu 160 contratos "a dedo"

O PSdeG-PSOE entregou ao Consello de Contas 1.000 folios con documentación anexa á denuncia sobre "a repartición a dedo de sete millóns de euros" pola Deputación de Ourense, co popular Manuel Baltar á fronte.

|

Entre as empresas beneficiadas das presuntas irregularidades están Construcións e Almacéns Manuel Viso e Hijos SL e Camiños de Ourense SL. Construtoras que xa puxo no punto de mira Gonzalo Pérez Jácome, antes de asinar o seu actual pacto con Manuel Baltar para repartirse o poder na Deputación e o Concello.


O PSdeG-PSOE entregou ao Consello de Contas 1.000 folios con documentación anexa á denuncia sobre "a repartición a dedo de sete millóns de euros" pola Deputación de Ourense, co popular Manuel Baltar á fronte.

Segundo asegura o Partido Socialista nun comunicado, a institución provincial fragmentó "de forma presuntamente irregular" 160 contratos menores de obras entre catro empresas nos dous últimos anos. Desde xullo do 2019, o PP goberna en coalición xunto a Democracia Ourensá (DO).


O secretario provincial do PSOE de Ourense, Rafa Villarino, entrega ao Consello de Contas mil folios con documentación sobre contratos Socialistas de Ourense ante o Consello de Contas


Agora, o Consello de Contas ten un prazo de tres meses para pronunciarse sobre esta cuestión, "ao amparo da súa competencia para investigar denuncias sobre irregularidades na xestión de calquera das entidades" do sector público.

Neste contexto, os socialistas aseguran que desde a entrada en vigor da Lei 9/2017, de contratos públicos, o goberno de Baltar "repetiu estas adxudicacións menores, en moitos casos con importes exactamente iguais, no bordo do límite máximo, independentemente do obxecto e sempre entre as mesmas empresas". Noutros casos, continúa o PSOE, "directamente incumpriu o límite legal por razón de cantidade".

O secretario provincial do PSOE, Rafa Villarino, asegura que Contas "deberá determinar se Baltar, ademais de incumprir o espírito da lei de contratos, tamén executa actos supostamente ilegais que parecen unha cadea de favores" a empresas amigas. Con todo, non descarta emprender accións legais.

De acordo coas súas cifras, a Deputación cometeu unha "violación evidente" da legalidade en polo menos 15 obras menores por máis de 40.000 euros, o límite que establece a normativa; e ata 10 contratos de servizos por máis de 15.000 euros, outro tope fixado.

"Case todas as obras que adxudican a dedo teñen sospechosamente o mesmo importe, cando se trata de obras de natureza completamente distinta", o que, segundo Villarino, "tamén evidencia outras presuntas ilegalidades que en primeira instancia debe esclarecer" o Consello de Contas.


Camion construcións viso



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE