​A investidura da desconfianza

Manuel Fernando González Iglesias

"A va confianza, é para os mortais o maior e máis cru dos males", da obra "Macbeth" de William Shakespeare.


Despedir o ano acordándose de Shakespeare, non é inútil desatino sinó, máis ben, o firme desexo de que o 2020 aséntese sobre as conviccións máis firmes baseadas na ética política tan estrañada durante tanto tempo, meses mesmo, e no ano que agora se nos vá abruptamente, pleno de malos presaxios e mutuas desesperanzas.



Shakespeare




Que facer ante semellante panorama?, non hai dúbida: seguir loitando. Sacar forzas de onde xa non existen e tomarse a realidade absorbendo o valor que só teñen os máis pobres ante a desgraza e, a partir de aí, aplicar o sentido común e non renderse.


O Rey despediu o ano cun discurso de párroco de pobo da que agora chaman a España despoblada, e o presidente do Goberno Turureta Sánchez falou para os militares, algo, que máis ben compete ao que é constitucionalmente é o seu Xefe Supremo. Ou sexa, ao predicador da homilía parroquial.


Para os que vivimos tempos moi difíciles en Catalunya foi un día nefasto en todos os sentidos. Aos que sentimos cataláns e españois á vez, a oratoria rexia soounos entre prudente e cánguele rexio. E a os independentistas a corno queimado dito con esmerado desdén. Imos, que Don Felipe quedouse sen audiencia televisiva, ou esta non entendeu os misterios da mensaxe real. Logo están os que lle aplauden sempre que din querer apaixonadamente a Constitución, pero só a súa, e algún máis que porque quere gobernar pronto simula o papel de gustarlle por primeira vez a oratoria do Borbón, sen que, nin sequera os seus estean de acordo con semellante pantomima, lean sinó as palabras da alcaldesa Colau nos diarios: A monarquía non serve para nada. Conclusión: Así se perde un reino.


E logo está a lea da investidura, que ao máis humilde dos alcaldes do Reino de España atascaríaselle como máximo 48 horas, pero que aos grandes pais da patria representados por PSOE e Esquerra de Catalunya levaralles, como mínimo, ata Xaneiro e mesmo ata unha nova convocatoria electoral que, se así sucede, esta vez os cidadáns imos aproveitar pero, con verdadeira saña, pero para cambiar a nosa intención de voto. Fixar que ata eu teño dúbida se votar aos animalistas ou aos ecoloxistas da moza Greta Thunberg.


Así que, pechen o 2019 o mellor que saiban e poidan e abriguen un raio de esperanza para o que ha de vir no 2020 que, se é unha investidura errada acompañada duns orzamentos imposibles de pactar, teremos de novo eleccións, e á miña estes que non saben pactar ou non queren facelo, non me van a enganar outra vez. Como demócrata convencido que son, volverei votar, pero non, por suposto, aos mesmos que son incapaces de poñerse de acordo porque non lles votas o que eles queren.


Así que. Feliz ano novo e como dicimos en Catalunya, incluso os que nacemos galegos,Salut i força ao canut!.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE