CSIF di ser o líder entre os sindicatos nos concellos galegos
CSIF é o sindicato con máis representación nos concellos galegos, onde conta con maioría nun 48% deles, segundo informa nun comunicado.
A central estatal asegura que é maioritaria en case a metade dos municipios do país
Unha pasada imaxe de sindicalistas na sede do CSIF
En concreto, pecha o ano con 306 delegados na administración local, por encima de CC.OO., CIG e UXT, que ocupan o segundo, terceiro e cuarto posto, respectivamente.
Ademais, CSIF é a central con maior apoio e representación en cinco das sete cidades galegas, tanto entre o persoal funcionario como o laboral. Así ocorre na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol.
Unha circunstacia que se produce tamén en boa parte dos 25 municipios máis poboados en Galicia. Na actualidade, CSIF conta con representación en 275 dos 313 municipios existentes.
Escribe o teu comentario