A ditadura máis lonxeva do mundo ocupa a carteleira do cinema Numax
O cinema Numax de Santiago de Compostela estrea unha película rodada en Guinea Ecuatorial e crítica co réxime de Teodoro Obiang, o ditador máis lonxevo do mundo.
O cinema Numax de Santiago de Compostela estrea unha película rodada en Guinea Ecuatorial e crítica co réxime de Teodoro Obiang, o ditador máis lonxevo do mundo.
Teodoro Obiang
Pasou máis de medio século desde que Guinea Ecuatorial deixase de ser territorio español. A independencia do enclave africano trouxo consigo, só once anos despois, unha das ditaduras máis duras e represivas de África. 40 anos leva Teodoro Obiang gobernando no país guineano, o que a converte na actualidade na ditadura máis lonxeva do mundo. Nese clima rodouse 'O escritor dun país sen librería', unha película crítica co goberno de Obiang e que agora se estrea no cinema Numax de Santiago de Compostela.
A primeira vez que se poida ver a película en Galicia será o vindeiro luns 30 de decembro ás 19:30 horas. O filme vira ao redor da vida do escritor Juan Tomás Ávila Laurel, o máis traducido do país e á súa vez o autor de literatura africana en español máis prolífico, que vive refuxiado en España, mentres Guinea Ecuatorial permanece illada do resto de África e vive acorde a algunhas leis vixentes desde o franquismo.
A película, financiada mediante o primeiro crowdfunding anónimo da historia do cinema en España, vén de estrearse no prestixioso festival valisoletano Seminci, onde tivo unha gran acollida, e está dirixida polo xornalista catalán Marc Serena.
Agora chega a Galicia, onde a proxección precederá a un debate coa intervención de Benita Sampedro e Luís Escudeiro, dúas persoas versadas no que á colonización de España no continente africano refírese.
Escribe o teu comentario