​O temporal nótase en Galicia na economía e nas mesas do Nadal

O mal tempo obrigou a pescadores e mariscadores a permanecer en terra, o que supón perdidas de miles de euros no sector en plena campaña de Nadal. A alta demanda e a escasa oferta tamén provocou que nas lonxas os prezos polas nubes e a escaseza de moitas especies sexa a tónica habitual estes días, onde moitos batallan por atopar algúns produtos como o sempre cobizado percebe. 


|

O mal tempo obrigou a pescadores e mariscadores a permanecer en terra, o que supón perdidas de miles de euros no sector en plena campaña de Nadal. A alta demanda e a escasa oferta tamén provocou que nas lonxas os prezos polas nubes e a escaseza de moitas especies sexa a tónica habitual estes días, onde moitos batallan por atopar algúns produtos como o sempre cobizado percebe.   


Ncoraslangostinosgambascigalascentolasboisnavallasmariscopescaderia

O marisco encareceuse un 30% nos últimos días


Un temporal nunca chega en bo momento, pero se un sector mira ao ceo con especial preocupación estes días son os pescadores e mariscadores galegos. A campaña de Nadal, talvez a que máis beneficios reporta ao sector en todo o ano, viuse interrompida polas chegadas de Elsa primeiro e Fabien despois, que están a azoutar Galicia sen deixar marxe para pechar o paraugas. Esta sucesión de temporais obriga a mariscadores e pescadores galegos a quedarse na casa, xa que as condicións meteorolóxicas non permiten aos profesionais desenvolver a súa actividade de forma segura. Así, ao non haber xente no mar, o marisco e o peixe nas lonxas escasea, mentres os prezos soben e soben a medida que nos achegamos ao día 24.


FROTA AMARRADA

Aínda que moitos cruzan os dedos á espera de que as nubes lles concedan unha tregua, o panorama non parece que vaia a mellorar a curto prazo, coa fin de semana marcada polas choivas e os fenómenos costeiros. A ondada, de alerta vermella para a xornada deste sábado, é o gran inimigo dos profesionais do mar, que con todo desafiaron aos elementos onte en zonas como Cariño e O Barqueiro, a pesar do aviso por alerta laranxa, aínda que foron dos poucos puntos onde se puido faenar, xa que a maior parte da frota permaneceu amarrada.


Esta situación de temporal, onde só o venres rexistráronse 1.800 incidencias en toda Galicia, provocou moitas perdas no sector, xa que todo o peixe e marisco que chega aos portos galegos ten asegurada a súa compra e a súa venda. Son moitos miles de euros os que quedan no mar á espera de que as condicións melloren para poder realizar as capturas, aínda que desde o sector aseguran que o que se deixou de gañar ao longo destes días sen faenar é xa irrecuperable por moitas capturas que se fagan nos próximos días.


Alertas de Meteogalicia previstas para o sábado en GaliciaO litoral galego permanece en alerta vermella este sábado


O PERCEBE SEGUE SENDO O REY

Tamén cabe destacar que o pouco peixe e marisco que se está extraendo da costa galega non termina no mercado local, senón que pon rumbo a Madrid e outros puntos de España, o que obrigou a moitos fogares para acelerar as comprar e lanzarse a comprar o que ofrezan as peixarías, sen importar o prezo. Desta forma, nos mercados de abastos e superficies comerciais podemos atopar o quilo de centolas ou de boi a 35 euros, o quilo de ameixas a 24 ou o bogavante a máis de 50 euros o quilogramo.


Con todo, o rei –como sempre – segue sendo o percebe, cun prezo prohibitivo para a maioría dos fogares galegos: o quilo estaba nas poxas da Coruña a máis de 220 euros, o que significa que nas peixarías pode alcanzar cifras de record. Mentres, en Vigo xa advertiron moitas superficies que o produto escasea e que nalgúns postos non poderán contar con el para Noiteboa.


Percebes galegos

O percebe é o produto máis cobizado un ano máis


Mentres, no peixe o ollomol é un dos que lideran a lista de prezos, superando incluso os 60 euros, mentres que o rape roza os 37 euros e o polbo segue marcando os 17 euros o quilo. Pero se estes prezos parécennos desorbitados, o mellor é ir canto antes a por o carriño da compra, xa que a medida que vaian pasando os días a escalada de prezos será unha constante. Nese sentido, as previsións nas poxas deixan entrever que os prezos seguirán multiplicándose a pesar de que as subidas dos últimos días xa encareceron o produto un 30% de media. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE