Prisión permanente revisable e 10 anos de liberdade vixiada para o Chicle polo asasinato de Diana Quer

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, condenou a José Enrique Abuín, alias 'O Chicle', á pena de prisión permanente revisable polo crime da moza madrileña Diana Quer, así como a dez anos de liberdade vixiada desde que conclúa esa medida.

|


O asasino da moza madrileña non poderá achegarse á familia Quer nin comunicarse con elas de ningún modo se sae de prisión.


A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, condenou a José Enrique Abuín, alias 'O Chicle', á pena de prisión permanente revisable polo crime da moza madrileña Diana Quer, así como a dez anos de liberdade vixiada desde que conclúa esa medida.


O acusado polo presunto asasinato de Diana Quer, José Enrique Abuín Gey, alias o Chicle, momentos antes de empezar o xuízo, en Santiago de Compostela /Galicia (España), ao 12 de novembro de 2019.


Esta sentenza chega despois de que o pasado 30 de novembro o Tribunal do Xurado declarou por unanimidade culpable a Abuín de haber agredido sexualmente a Diana Quer e de matala intencionadamente despois de cometer a agresión, coa intención de ocultar o seu primeiro delito.


A sentenza tamén lle impón a 'O Chicle' a prohibición de aproximarse aos pais e á irmá da vítima, aos seus domicilios, lugar de traballo ou calquera lugar no que se atopen, a unha distancia inferior a mil metros, así como a prohibición de comunicarse con eles por calquera medio durante a duración da pena e, en todo caso, desde o inicio de cumprimento da mesma e ata que transcorran dez anos desde a conclusión.


Ademais, condénao, como autor responsable dun delito de detención ilegal e dun delito de agresión sexual, en concurso medial, coa concorrencia da circunstancia atenuante analóxica de confesión, á pena de catro anos de prisión e a cinco anos liberdade vixiada. A Audiencia tamén lle impuxo o abono de unha indemnización de 130.000 euros a cada un dos proxenitores e de 40.000 á irmá da vítima, ademais de impoñerlle as costas de proceso xudicial.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE