Coruñeses promoven o Club de Empresarios de Galicia como alternativa ao tocado Club Financeiro Atlántico
O dominio, clubempresariosgalicia.es foi rexistrado o luns día 9, o mesmo día que saltou a noticia do concurso de acredores, a nome de Grupo Astef SL, segundo figura na información oficial de Red.es consultada por Galiciapress.
Ao Club Financeiro Atlántico, o lobby dunha parte a elite empresarial da Coruña, acáballe de xurdir un potencial relevo, xusto cando entra en concurso voluntario de acredores.
Xa está en marcha, web incluída, o lanzamento de o Club de Empresarios de Galicia. Segundo informa Economía Dixital, a nova organización promóvena "socios do propio Club Financeiro" e xa hai "máis de 200" empresarios apuntados.
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, nun acto no Club, cuxo presidente é Mariano Gómez-Ulla, sentado o primeiro á esquerda
Quen está detrás desta iniciativa? O certo é que a web non aparece contacto algún, a pesar de recoller datos persoais a través dun formulario.
DOMINIO DUNHA EMPRESA DE JOSÉ LLORENTE RAMOS
O dominio, clubempresariosgalicia.es foi rexistrado o luns día 9, o mesmo día que saltou a noticia do concurso de acredores, a nome de Grupo Astef SL, segundo figura na información oficial de Red.es consultada por Galiciapress.
Astef ten como propietario a José Alberto Llorente Ramos, segundo datos do Rexistro Mercantil publicados por empresia.es. Este empresario ten outra sociedade, G.E.T.P. LLORENTE SL dedicada a servizos de peritaxe e taxacións. No seu perfil de Linkedin, móstrase como director de GET Insurance Solutions, do centro de negocios cng(solutio) Centro de Negocios Galicia e de Peritaxes Galicia. Por outra banda, o "tecnólogo" José Antonio Ferreira Dapía é un dos impulsores do novo Club, segundo o citado dixital.
PROBLEMAS QUE VEÑEN DE ATRÁS
O Club Financeiro explicou a súa crise polos problemas co novo principal accionista do dono da sede, quen ao parecer aspira a subir o aluguer ata un punto inasumible . En todo caso, non é a primeira vez que o Club patronal atravesa problemas. En 2017 a Xustiza sacou a poxa as accións da empresa que explotaba as instalacións ante a falta de pagamento de créditos.
O Club de Empresarios de Galicia preséntase cun decálogo, cuxo primeiro punto é "de empresarios e profesionais, para empresarios e profesionais". O seu ámbito non parece ser só herculino, pois di que terá sede na Coruña, estará "comprometido con Galicia" e será "independente, sen vinculación política".
Escribe o teu comentario