Baltar desmárcase de Feijóo reuníndose cos médicos contrarios a pechar o paritorio de Verín

O barón ourensán volve a pedirlle a Feijóo que rectifique, pero está por ver se fai algo máis cando os deputados ourensáns do PP teñan que votar sobre o tema no Parlamento de Galicia O presidente da Deputación de Ourense e do PP provincial, Manuel Baltar, mantivo este martes unha reunión co xefe de servizo de Xinecología do Hospital de Verín, Javier Castrillo, a quen ratificou o seu apoio na loita contra o peche do paritorio do centro sanitario comarcal.


|

O barón ourensán volve a pedirlle a Feijóo que rectifique, pero está por ver se fai algo máis cando os deputados ourensáns do PP teñan que votar sobre o tema no Parlamento de Galicia


O presidente da Deputación de Ourense e do PP provincial, Manuel Baltar, mantivo este martes unha reunión co xefe de servizo de Xinecología do Hospital de Verín, Javier Castrillo, a quen ratificou o seu apoio na loita contra o peche do paritorio do centro sanitario comarcal.


Nena nunha protesta contra o peche do hospital de Verín

Nena nunha protesta contra o peche do paritorio de Verín


Así o confirmou a Europa Press o propio Castrillo, quen agradeceu o respaldo de Baltar e tamén de "todos os alcaldes da zona", incluídos os do PPdeG.

"Reuninme onte con el, está en contra e pediu que non se peche o paritorio, o que lle agradecemos",
indicou o xefe de servizo do hospital comarcal verinés.


Baltar pedira publicamente "unha rectificación" á Xunta e o PP ourensán, xunto con Cidadáns e Democracia Ourensá, presentou unha moción na Deputación en defensa dos servizos do hospital de Verín e, especificamente, do paritorio.


MOBILIZACIÓN FRONTE AO PARLAMENTO O DÍA 17

A pesar da demanda de Baltar e dos alcaldes da zona, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo mantivo que a decisión estaba pechada e que non tería marcha atrás, debido a que estaba xustificada por criterios técnicos de "seguridade" e ante a "imposibilidade" de garantir a atención pediátrica.

Á espera dalgún novo paso do Sergas, hai previstas mobilizacións e mesmo unha concentración ante o Parlamento de Galicia o vindeiro martes día 17.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE