Adeus aos voos entre Santiago e Roma dentro duns meses
A compañía Vueling deixará de operar a conexión de Santiago de Compostela co aeroporto romano de Fiumicino a partir da próxima primavera.
A empresa abandona a conexión entre as capitais galega e italiana tras cinco anos. Unha moi mala noticia para Santiago, pois se perden unhas 2.900 prazas ao mes entre dous dos grandes atractivos turísticos de Europa.
Persoal de cabina de Vueling
A compañía Vueling deixará de operar a conexión de Santiago de Compostela co aeroporto romano de Fiumicino a partir da próxima primavera.
Así o adiantou Aeronoticiaria SCQ citando fontes oficiais da empresa. O confirmaron a Europa Press fontes da compañía, que explican que esta decisión débese a "a situación económica do mercado europeo".
MÁIS CANCELACIÓNS
En concreto, remiten a explicacións dadas pola firma nos pasados meses respecto a esta situación europea e a necesidade de efectuar "axustes", que neste caso afecta a terminal de Lavacolla.Ao parecer Vueling reduce os seus avións no aeroporto romano, polo que cancela tamén as ligazóns a Viena, Praga, Múnic, Tel Aviv, Lyon, Nantes, Marsella, Catania, Palermo e Gran Canaria. Hai dúbidas tamén do que pode pasar coa conexión Santiago Alacante.
Escribe o teu comentario