Rexeitamento masivo da militancia de ERC a unha investidura sen mesa de negociación entre Catalunya e o Estado
Para a portavoz de ERC, Marta Vilalta, "unha ampla maioría falou claro e dixo non á investidura coas condicións actuais propostas por PSOE e Podemos".
A portavoz de ERC, Marta Vilalta, valorou a consulta á militancia tras o peche das urnas. Vilalta comunicou que 5.953 persoas exerceron o seu dereito a voto, o que supón unha participación de case o 70% da militancia do partido.
En canto aos resultados, a pregunta foi respondida cun "si" polo 94,6% dos consultados, mentres que un 5,4% responderon "non" á pregunta.
Para Vilalta, "unha ampla maioría falou claro e di non á investidura coas condicións actuais propostas por PSOE e Podemos, esixindo unha mesa de negociación entre Catalunya e o Estado"
(SEGUIREMOS INFORMANDO)
Escribe o teu comentario