A muller desaparecida en Mazaricos atopada xusto a tempo de sufrir males maiores

A muller de 84 anos desaparecida esta mañá de martes en Mazaricos (A Coruña) foi localizada ás 17,20 horas desorientada a 800 metros da súa vivenda.

|

É unha persoa maior de mobilidade reducida e cando a atoparon entre unhas árbores xa non podía andar 


A muller de 84 anos desaparecida esta mañá de martes en Mazaricos (A Coruña) foi localizada ás 17,20 horas desorientada a 800 metros da súa vivenda.


Desaparecida Mazaricos



Segundo informa a Garda Civil, a muller, con mobilidade reducida, foi atopada nos laterais dunha leira rodeada de árbores. Xa non podía andar e ía de xeonllos, ademais de ter frío.


MARCHOUSE SEN AS BOTAS QUE SE POÑÍA A DIARIO

A muller espertouse ás 7,00 horas e, como habitualmente, foi almorzar á zona de cuadras, á que adoita acudir cunhas botas, que este martes non se puxo o ser achadas no lugar.

Para atopala púxose en marcha un dispositivo con patrullas da Garda Civil, en colaboración con outros medios.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE