A Xefa de Persoal do Concello de Lugo apartada do seu posto vista a súa xestión "desatinada"

A concelleira de Gobernanza do Concello de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou, tras a Xunta de Goberno Local, que se decidiu apartar do cargo á xefa de persoal por "cumprimento inadecuado das súas funcións".

|

Informes inconclusos, cambios de criterio sen xustificar e actuacións sen fiscalizar. Isto é o que revela unha investigación interna sobre unha das funcionarias máis importantes no Concello de Lugo, segundo o Goberno local.


A concelleira de Gobernanza do Concello de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou, tras a Xunta de Goberno Local, que se decidiu apartar do cargo á xefa de persoal por "cumprimento inadecuado das súas funcións".


Rolda de prensa tras a Xunta de Goberno no Concello de Lugo.


ACTUACIÓNS DESATINADAS

Alvarellos precisou que o cesamento, que se comunicará este mércores, está motivado "por varios informes de intervención, do secretario e do órgano asesor da Xunta de Goberno Local nos que se sostén, que a xestión en materia de persoal foi inexistente ou aínda peor desenvolta de forma desatinada, aleatoria e moitas veces inxustificada".

Estes informes foron elaborados tras "detectarse mala praxe na xestión de persoal sen que se puidese verificar cos expedientes presentados pola xefatura dese servizo que se axustaban á realidade, creando incertezas xurídicas non só inapropiadas senón que podían situar ao Concello ante feitos de difícil resposta", explicou.

ASCENDEU AO POSTO DURANTE O GOBERNO DO PP HAI DÉCADAS
Unha vez avaliada "toda a información nas conclusións finais dos informes, tanto de intervención, como do secretario, como do órgano asesor da Xunta de Goberno, destácanse cambios frecuentes de criterios inxustificados, informes inconclusos ou confusos e mesmo expedientes dos que non se ten constancia da súa fiscalización", concretou Alvarellos, sobre esta funcionaria, que entrou en 1996 baixo o goberno do popular Joaquín María García Díez, e á que agora se separa da xefatura de persoal e que dispón de dez días para presentar alegacións.

Alvarellos, que é avogada de profesión, manifestou que, de momento, "non se advertiu a existencia dun delito aínda que se se confirma no devir da investigación (por parte do Concello) actuaríase".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE