Alarma nas escolas da Galiña Azul por unha cadea de incidentes con alimentos en mal estado

A Consellería de Política Social investiga os novos casos de reaccións alérxicas detectadas este martes nunha decena de escolas infantís A Galiña Azul --rede dependente da Xunta-- cuxos comedores están xestionados pola mesma empresa que se encarga do cátering nas escolas onde se produciron varias intoxiaciones hai dúas semanas por unha castañeta servida en mal estado.

|

Una mesma empresa parece estar involucrada nos incidentes coa comida de centros públicos de Cangas, Marín, A Coruña e Fene en dúas semanas distintas. Sanidade abre unha inspección e Política Social admite que é algo "intolerable". 


A Consellería de Política Social investiga os novos casos de reaccións alérxicas detectadas este martes nunha decena de escolas infantís A Galiña Azul --rede dependente da Xunta-- cuxos comedores están xestionados pola mesma empresa que se encarga do cátering nas escolas onde se produciron varias intoxiaciones hai dúas semanas por unha castañeta servida en mal estado.



Feijoo a estrada galiña azul

O presidente da Xunta nunha pasada visita a unha Galiña Azul



PROBLEMAS EN ÁREAS DIFERENTES

Segundo sinalan fontes do Goberno galego, nenos dunha decena de centros da comarca de A Coruña e Cangas sufriron unha reacción alérxica leve tras inxerir os alimentos do menú, composto por unha crema de brócoli con cabaza e lombo de pito con macarrones.

Política Social informa que técnicos de Sanidade tomaron mostras do menú (que, din, foi cambiado ao rexistrarse os primeiros casos) para investigar a orixe da reacción e estudar a súa posible relación co episodio rexistrado a finais do mes de outubro.


PRECEDENTE DA CASTAÑETA

E é que os comedores das escolas infantís nos que se produciron estes novos casos están xestionados pola mesma empresa que se encarga do cátering nos centros A Galiña Azul nos que polo menos 41 alumnos resultaron intoxicados tras inxerir un prato de castañeta.


Aqueles casos producíronse en Marín e Pontevedra. En ambos os casos a cociña estaba xestionada por unha empresa, que é a mesma que nos casos desta semana. Como nas reaccións alérxicas pasadas tratábase de provedores de peixe distintos, todo aparece apuntar a algún problema na cociña desa compañía.


Medios de comunicación locais tamén aludiron a semana pasada a alerxias en escolas infantís de Fene. As escolas afectadas entón no Morrazo  foron e A Choupana e Hío en Cangas e Pastoriza, Eirís e A Sardiñeira.


Sanidade culpou daqueles casos a unha posible rotura na cadea de frío que debía conservar en bo estado a castañeta servida aos nenos. A Xunta non nomeou por agora o nome da empresa. A oposición xa pediu a comparecencia do conselleiro no Parlamento.


INSPECCIÓN DE SANIDADE

A Xunta di que os técnicos de Sanidade tamén se presentaron na sede desta empresa. Fuentes de Política Social cualifican o sucedido de "intolerable" e abren a porta para adoptar "todas as medidas que sexan necesarias".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE