​Reforzo de camas para os hospitais Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro á espera da gripe

O ano pasado os dous centros hospitalarios vigueses sufriron os efectos da epidemia de gripe, que desbordou por completo a capacidade da área sanitaria olívica para absorber tal cantidade de pacientes, como ocorreu noutras áreas galegas. Aínda que hai outros aspectos que sen dúbida xogan un papel fundamental á hora de facer fronte a estes colapsos, que os profesionais e pacientes conten cun bo número de camas e en boas condicións xa é significativo.

|

Camas hospital

Camas dun hospital

Por iso, desde o SERGAS formalizaron a compra de 170 camasnovas coas súas respectivas mesillas de noite para o hospital Meixoeiro, mintas que no Álvaro Cunqueiro ascende a 25 o número de novas camas que renovarán o mobiliario do complexo.  

O gasto desta compra son de case medio millón de euros: 410.000 euros para o Meixoeiro e 75.000 para o Cunqueiro. En todo caso, o 80% do gasto está financiado con fondos europeos Feder.

CAMAS DE MANIVELA

Desde o SERGAS manifestan que estas adquisicións están enmarcados no Plan Estratéxico da área Sanitaria de Vigo. Nese plan, onde din a prioridade é "a humanización", un dos aspectos fundamentais é a renovación e reforma do Meixoeiro para "modernizar e potenciar" o centro, algo que levan reclamando os profesionais do complexo que se queixaban de que no hospital vigués aínda traballaban con camas de manivela.

"Este novo equipamento virá reforzar os recursos materiais dispoñibles neste centro para facer fronte aos picos asistenciais cunha maior eficacia que permita incrementar a calidade asistencial ofertada aos pacientes", manifestaron desde o goberno autonómico. Haberá que esperar á chegada da gripe -que sempre chega- para saber se coas camas novas pódese remediar a saturación ou se aínda quedan moitos deberes por facer. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE