Semiespido e con signos de violencia aparece un cadáver en Mos
A Garda Civil de Pontevedra investiga as circunstancias da morte dun home, cuxo corpo foi localizado este xoves na zona de Regadas, no municipio de Mos.
Axentes especialistas tomaron datos en Regadas (Mos) á espera que a autopsia indique que matou o home
Axente de criminalística da Garda Civil investiga a escena do suposto crime en Mos nunha imaxe da CRTVG
Segundo confirmaron fontes do Instituto Armado, o achado produciuse pasadas as 10,00 horas desta mañá. O cadáver, que corresponde a un home duns 50 anos, estaba semidesnudo e presentaba signos de violencia.
Os investigadores non descartan ningunha hipótese, á espera do que determine a autopsia, que se realizará no hospital Nicolás Pena de Vigo, onde foi trasladado o corpo deste home.
Escribe o teu comentario