Luciano Méndez, apartado por reincidente, insiste en que "non dou clases a mulleres en topless" (vídeo)

As compañeiras da alumna criticada polo traballador público xa non terán que ir, como planeaban, todas con escote á clase do venres. Visto a reiteración das polémicas de Méndez, a USC decidiu apartalo, por agora, da docencia. Algo que non intimida ao polémico profesor. "Non dou clases a mulleres en topless, dáme igual que me mande o reitor ou Cristo bendito", declara.


|

As compañeiras da alumna criticada polo traballador público xa non terán que ir, como planeaban, todas con escote á clase do venres. Vista a reiteración das polémicas de Méndez, a USC decidiu apartalo, por agora, da docencia. Algo que non intimida ao polémico profesor. "Non dou clases a mulleres en topless, dáme igual que me mande o reitor ou Cristo bendito", declara.


A Universidade de Santiago (USC) xustifica na "gravidade e reiteración" de feitos a suspensión das súas funcións do profesor Luciano Méndez por aludir ao escote dunha alumna en clase.


Luciano mendez


En declaracións aos medios, o reitor da USC, Antonio López, destacou que "este tipo de actuacións" por parte do mesmo profesor "xa foron obxecto dunha sanción previa".


"Para garantir o bo funcionamento do servizo, evitar que se poidan repetir este tipo de actuacións e reaccionar ante esta preocupación, acabamos de resolver, sen prexuízo que se abra un proceso sancionador, suspender preventivamente das súas funcións", explicou o reitor da USC..


Lonxe de pedir desculpas ou asumir a súa culpa, o docente volveu á carga esta mañá. Defendeuse de forma vehemente cando foi abordado pola prensa á entrada da súa facultade. "Eu non lle dou clases a persoas en topless aínda que me mande o reitor, o presidente do goberno ou Cristo bendito", declarou con contudencia.




AS CLASES DARANAS OUTROS PROFESORES

Iso foi comunicado ao docente, así como e ao decano da facultade e á directora do departamento "para que adopten as medidas oportunas e siga funcionando con normalidade a docencia, pero que sexa asumida por outros profesores en tanto se inicia e resólvese este proceso sancionador".


Neste sentido, o reitor aclarou que esta medida provisional de suspensión de funcións decidirase se se mantén, modifica ou revoga "cando se adopte a resolución de inicio do expediente", o que se fará nun prazo "moi breve", abundou.

LONGA LISTA DE PRECEDENTES
"A gravidade baséase nos feitos que se poñen de manifesto no escrito que fixo a alumna contrastado con outros estudantes. Baséase tamén en que este tipo de condutas son reiteradas neste caso, xa hai precedentes e sanción previa", manifestou o reitor.

Respecto diso, Antonio López incidiu en que "a resolución definitiva correspóndelle ao procedemento sancionador". "Nós estamos só adoptando a medida cautelar", apostilou.


SON MEDIDAS PROVISIONAIS

Preguntado sobre se será expulsado o profesor, o reitor da USC aclarou que "iso é cousa que hai que analizar no procedemento sancionador". "Será dentro de moi poucos días cando arrincará o proceso sancionador", insistiu para lembrar que a resolución da suspensión de funcións foi asinada na mañá deste mércores.

Por iso, insistiu en que se trata de "actuacións provisionais" porque "non se dá por feito nada", pero "visto as aparencias dos feitos e polo bo funcionamento do servizo" adoptouse a decisión. "O instrutor do procedemento analizará as probas", concluíu para apuntar que iso levará a cabo "o máis pronto posible".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE