Así de desnutrido ten o dono a este cabalo de Meis

A Policía Autonómica e membros da canceira municipal de Cambados atoparon o pasado venres, nunha leira da parroquia de San Vicente de Nogueira, en Meis (Pontevedra), dous cabalos mortos e un terceiro desnutrido.

|

Animalistas acusan a un veciño de ser reincidente nos malos tratos de animais ao econtrarse dous cadávares nunha leira e outro cabalo desnutrido



A Policía Autonómica e membros da canceira municipal de Cambados atoparon o pasado venres, nunha leira da parroquia de San Vicente de Nogueira, en Meis (Pontevedra), dous cabalos mortos e un terceiro desnutrido.


Cabalo desnutrido achado nunha leira de Meis (Pontevedra)

Segundo informan os animalistas de Libera e Fundación Franz Weber, o achado produciuse durante unha inspección por parte dos axentes. Había dous animais "mortos á intemperie, en condicións avanzadas de descomposición", e outro "con signos de malnutrición" que "seguramente sexa comisado para o seu traslado a un espazo seguro".


De acordo co relato de ambos os colectivos, todo partiu das queixas dos veciños, que desde "facía un mes" denunciaban un cheiro "moi desagradable" nesta zona rural. Unha vez destapada a morte, será un informe pericial dun veterinario o que dilucide a responsabilidade administrativa "e mesmo penal" do gandeiro.

Ademais, os animalistas insisten en que "non é a primeira vez que se pon o foco neste lugar, xa que fai catro anos o refuxio de Cambados xa tivera coñecemento dunha manda de cabalos en mal estado, presuntamente propiedade do mesmo individuo".

Por mor deste achado que, apuntan, "parece ser un novo caso de malos tratos animais en Galicia", Libera e Fundación Franz Weber inciden a necesidade de que os équidos conten cunha lei específica que os protexa regulando as condicións do seu transporte, para o que xa recolleron máis de 168.000 firmas a través da plataforma Change.org.

Neste sentido, os animalistas lembran que desde 2017 estas especies "non están incluídos" na lei de benestar animal de Galicia, a pesar de que a anterior norma "si as incorporaba" e permitría "denunciar diversas situacións de malos tratos, crueldade ou abandono".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE