En Marea critica ao BNG por "negarse" a negociar unha coalición

O deputado do grupo mixto Pancho Casal aclarou que En Marea non apoia nin pide o voto para ningunha candidatura para as eleccións xerais do 10 de novembro. Tampouco para o BNG, formación á que acusa de "confundir axenda de país con axenda de partido" tras rexeitar unha alianza cos de Luís Villares que si subscribiu con Compromiso por Galicia.

|

O BNG chegou a un acordo con Compromiso por Galicia pero non quixo nin oír a proposta  de En Marea, segundo os de Luís Villares


O deputado do grupo mixto Pancho Casal aclarou que En Marea non apoia nin pide o voto para ningunha candidatura para as eleccións xerais do 10 de novembro. Tampouco para o BNG, formación á que acusa de "confundir axenda de país con axenda de partido" tras rexeitar unha alianza cos de Luís Villares que si subscribiu con Compromiso por Galicia.


Pancho Casal, deputado de En Marea

MENSAXE A ANA PONTÓN
Este luns, Casal quixo iniciar a súa comparecencia ante os medios cunha mensaxe dirixida á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, á que acusou de "malinterprentar" a posición de En Marea tras a decisión de non concorrer ás xerais do mes de novembro.

Así, acusou ao BNG de "negarse a calquera tipo de negociación" de fronte formalizar unha alianza para as eleccións xerais do 10 de novembro aínda cando En Marea, segundo o parlamentario, puxo sobre a mesa unha proposición "moi xenerosa" na que "non" reclamaba "nin postos, nin prevalencias, nin cadeiras de brazos, só (articular) un proxecto amplo".

"O BNG tivo a oportunidade de ser o núcleo principal dese proxecto transveral e negáronse. Negáronse a calquera tipo de negociación", apostilou Casal.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE