​(VÍDEO) Decenas de veciños protestan en Carballo contra os parques eólicos

A 'Plataforma Contra Eólicos Bustelo-Campelo-Toural' concentrou a decenas de veciños no municipio carballés para protestar contra os tres parques eólicos proxectados nos municipios de Carballo, Coristanco e Santa Comba. 


|

A 'Plataforma Contra Eólicos Bustelo-Campelo-Toural'  concentrou a decenas de veciños no municipio carballés para protestar contra os tres parques eólicos proxectados nos municipios de Carballo, Coristanco e Santa Comba.


Concentraciu00f3n contra vos eu00f3licos en Carballo (2)


Manifestación da plataforma


Desde a plataforma denuncian que, aínda que desde a administración individualízanos en tres parques diferenciados, en realidade trátase de "un único megaparque" que se atopará "moi preto das vivendas" e que afectará de forma considerable aos veciños.




Do mesmo xeito, o colectivo pon de manifesto que estes parques eólicos poñen en risco a economía gandeira da zona baixo o pretexto de que se trata dun "proxecto de utilizade pública". "A utilidade pública do proxecto é dubidosa, xa que en Galicia xa se produce máis enerxía eólica da que consome", sinalan desde a plataforma.  


Flyer 2019 10 13 tras



Na mesma liña, tamén poñen a lupa sobre o risco ambiental derivado da construción deses complexos eólicos e das liñas de alta tensión que se construirán para transportar a enerxía. "Ameazan unha área catalogada de Especial Protección como é a Lagoa de Alcaián, onde nace a principal fonte de auga do río Xallas", lamentan. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE