Convocan protestas contra a sentenza do Procés en 10 localidades galegas


A Plataforma Galiza con Catalunya, formada por colectivos galegos a favor da soberanía catalá, convoca concentracións de protesta este luns en 10 cidades e vilas de Galicia en contra da sentenza do Supremo que condena aos presos independentistas.


|

A Plataforma Galiza con Catalunya, formada por colectivos galegos a favor da soberanía catalá, convoca concentracións de protesta este luns en 10 cidades e vilas de Galicia en contra da sentenza do Supremo que condena aos presos independentistas.


Pancarta de Galiza con Catalunya nunha manifestaciu00f3n en Madrid

Pancarta de Galiza con Catalunya nunha manifestación en Madrid



En concreto, en Vigo  (Farol de Urzaiz), A Coruña (Subdelegación do Goberno), Ferrol (Praza Amada García), Ourense (Subdelegación do Goberno), Compostela (Praza do Toural), Pontevedra (Praza da Peregrina), Lugo (Praza Maior), Burela (Praza Mariña), Redondela (Praza do Concello) e Monforte (Praza de España). Todas as concentracións serán ás 20 horas.


Galiza Nova, colectivo xuvenil vinculado ao BNG, é unha das organizacións que xa promoveu hoxe as concentracións para defender "unha loita pacífica e xusta" fronte ao "recorte de liberdades" que aplica o Estado.


O sindicato CIG, o BNG, Causa Galiza, Movemento Galego ao Socialismo, Mar de Lumes, Isca! ou Ceivar son outros colectivos nacionalistas que no pasado apoiaron esta Plataforma.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE