"Axentes contaminantes" nos análises da auga da traída de Corme tras o brote de gastroenterite

Sanidade mantén a recomendación de non consumir auga da traída

|

A Xunta mantén a recomendación de non consumir auga da traída


As analíticas realizadas na auga da traída da poboación de Corme, no municipio de Ponteceso (A Coruña), tras un brote de gastroenterite, detectaron a presenza de "axentes contaminantes".


Operarios do Concello de Corme repartindo auga em botella


Así o informou este venres o Concello de Ponteceso, que explica que a Xefatura Territorial de Sanidade "mantén a recomendación de non usar a auga da traída de Corme-Porto, nin para beber nin para manipular alimentos".


"Segundo os datos que nos remitiu o servizo autonómico, nas mostras de auga tomadas no centro de saúde de Corme había presenza de bacterias coliformes e clostridium perfringens", destacou o Concello nun comunicado.

Por iso, o Consistorio asegurou que "continuará coa repartición de auga embotellada", para o que establece como punto de almacenamento e distribución a lonxa nova de Corme.

COLABORACIÓN
Ao mesmo tempo, o goberno municipal ha explicado que "seguirá colaborando coa Consellería de Sanidade para erradicar a contaminación da auga o máis pronto posible".

O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, apuntou que o "problema de potabilidade" afecta "en exclusiva" a Corme-Porto, onde aconsella que "se use auga embotellada tanto para beber como para cociñar e para lavar alimentos".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE