Ordenan o desaloxo de casas ante o rápido avance dun incendio na Ría de Noia (Portosín)



Varios incendios están a afectar á zona do Barbanza e Noia durante a mañá deste xoves. O máis grave parece ser o incendio de Miñortos, preto de Portosín e Porto do Son. Segundo varias fotos difundidas nas redes sociais, as chamas están preto das vivendas e segundo a Radio Galega Protección Civil mandou desaloxar vivendas .


|

Varios incendios están a afectar á zona do Barbanza e Noia durante a mañá deste xoves. O máis grave parece ser o incendio de Miñortos, preto de Portosín e Porto do Son. Segundo varias fotos difundidas nas redes sociais, as chamas están preto das vivendas e segundo a Radio Galega Protección Civil mandou desaloxar vivendas .


Incendio cenrca de casas en Portosu00edn nunha foto do twitter de Suso Carleos

Incendio preto das casas en Porto do Son nunha foto de @scarleos



De feito, a Xunta xa confirmou a través da súa conta oficial en Twitter que pediu a axuda da Unidade Militar de Emerxencias:




O Goberno afirmou sobre as 10  que o lume xa consumiu 20 hectáreas. Sobre o mediodía o lume xa levaba consumidas 45. Preto da unha disparábanse a 68 hectáreas. 




O que é unha superficie considerable teniendo en cuenta que se declarou esta mesma mañá. Circunstancia que apunta a que as chamas están a ser empuxadas por un forte vento.




Segundo a Radio Galega, na zona de Mótega en Porto do Son Protección Civil mandou desaloxar as casas. 





De feito, a presenza de vento do noroeste provocou que hoxe case todo Galicia, o 81% do territorio,  estea baixo risco extremo de incendios.


Mapa irdi



POSIBLE ACTIVIDADE INCENDIARIA

Na mesma comarca do Barbanza foron rexistrados tres incendios en Noia e outros tres en Boiro, ademais dun en Lousame. Por iso, fontes da Consellería do Medio Rural explicaron que, dada as horas nas que se detectaron, non se descarta unha posible relación na súa autoría.


TRES INCENDIOS EN NOIA

En concreto, no municipio coruñés de Noia permanecen activos tres incendios, un deles na parroquia de Boa e os outros dous na de Argalo dos que polo momento aínda non hai cifras da área afectada.


Conforme explicou a Consellería, o de Boa foi rexistrado ás 9,15 horas e na súa extinción participa un axente, dúas brigadas, unha motobomba e dous helicópteros.


Pola súa banda, o primeiro dos lumes detectados en Argalo orixinouse ás 4,30 horas e nos labores para apagar as chamas participan cinco axentes, catro brigadas e cinco motobombas.


O segundo dos focos orixinouse ás 5,25 horas e no traballa un axente, unha brigada e unha motobomba.


OUTROS TRES EN BOIRO E UN EN LOUSAME

Esta mesma madrugada detectáronse outros tres lumes na parroquia de Cures, en Boiro (A Coruña). Dous deles, rexistrados á 1,54 e ás 2.30 horas, continúan activos pero xa foron estabilizados.


Pola súa banda, o terceiro, rexistrado ás 5,30 horas, aínda permanece activo e no traballan tres axentes, cinco brigadas e cinco motobombas.


Por último, o oitavo dos incendios activos na comarca do Barbanza foi detectado na parroquia de Tállara, en Lousame (A Coruña). En concreto, detectouse ás 2,23 horas e foi estabilizado ás 3,21 horas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE