​A saída de Rolan dá marxe ao Dépor para pechar o persoal

A marcha do uruguaio é fundamental para que os branquiazuis poidan afrontar os últimos días de mercado. 


|

A marcha do uruguaio é fundamental para que os branquiazuis poidan afrontar os últimos días de mercado.


Diego rolan


Rolan, durante a súa etapa no Málaga


“Viva México!”, escóitase nas oficinas de Praza de Pontevedra. O país azteca, antigo caladoiro do Deportivo da Coruña con fichaxes como Gardado ou Omar Bravo converteuse en destino predilecto para descártelos blaquiazules. Se no seu día Arribas fixo as maletas desde a cidade herculina ata Mexico, agora parece que é Diego Rolan o que se enrolará nas filas dalgún equipo a liga MX, dando cancha ao club para poder fichar.


Ao uruguaio, un dos xogadores cunha ficha prohibitiva para un proxecto en Segunda División como o do Dépor, lévaselle buscando equipo desde que se abriu o mercado de fichaxes. A pesar dos moitos intentos para colocalo, non foi ata os últimos días de mercado que chegaron ofertas realmente boas polo atacante. Aínda que desde México descartan ao América, parece que Tigres é o mellor colocado para contratar ao charrúa.


Ademais de Rolan, o que abandonará Riazor nos próximos días é Rober Pier dirección Valencia para volver ao Levante e, salvo oferta irrechazable de última hora, non se abrirá a porta de saída a ninguén máis.


A que se espera que si ande transitada é a porta de entrada. Despois das marchas de Pedro Sánchez e Cartabia, o Dépor está obrigado a reforzarse nos costados. Chegará un extremo con total seguridade, poida que dúas se o mercado ofrece algunha ganga o último día de mercado. Pero nas oficinas do club priorizan reforzar a defensa, con Salva Ruíz case atado para o lateral dereito e coa mirada posta nun xogador que poida actuar tanto de pivote como central. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE