Unha ciclista ferida tras ser alcanzada por un camión en Narón
Unha ciclista, F.C., de 38 anos, resultou ferida na mañá deste venres, 23 de agosto, sobre as 10,20 horas, tras ser alcanzada por un camión na estrada AC-566, á altura do lugar de Nelle, na parroquia de Castro, no municipio de Narón (A Coruña).

O accidente produciuse cando o camión de obra viraba facía unha pista secundaria e non se decatou da presenza da ciclista, momento no que a alcanzou e a muller acabou no chan.
Ao lugar do suceso acudiron efectivos do 061 que trasladaron á ferida, consciente en todo momento, ao servizo de urxencias do Hospital Arquitecto Marcide, ademais de axentes da Garda Civil de Tráfico.
Escribe o teu comentario