(VÍDEO) ATRIFOGA celebra os seus tres anos de vida lembrando os seus triunfos
A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia aproveitou a publicación do vídeo para agradecer “aos socios, medios de comunicación, partidos políticos e a todos os que axudastes” por sumarse a axudar ao colectivo para “saír da precariedade na que nos atopabamos en 2012”.
A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia aproveitou a publicación do vídeo para agradecer “aos socios, medios de comunicación, partidos políticos e a todos os que axudastes” por sumarse a axudar ao colectivo para “saír da precariedade na que nos atopabamos en 2012”.
“Aínda que temos moito camiño que percorrer, queremos agradecer á Consellería de Medio Rual as reunións mantidas connosco”, expón a plataforma. Grazas a esas reunións, os traballadores melloraron as súas condicións laborais, aínda que recalcan que “seguiremos loitando” para conquistar máis dereitos.
O vídeo fai un repaso á formación do colectivo desde 2001 ata 2019, con imaxes dos incendios que arrasaron Galicia desde entón e do encomiable labor que desenvolven estes traballadores, fundamentais na protección do monte galego.
Pero a vida da Asociación non se limitou só á loita nos montes, senón que as rúas tamén foron o escenario de batalla de moitos destes traballadores, saíndo en masa a reclamar os seus dereitos en concentracións multitudinarias. Protestas e mobilizacións que se prolongaron ata que a administración atendeu as súas demandas, mellorando así a situación laboral de moitos dos membros da plataforma.
Con todo, desde ATRIFOGA fixan o seguinte obxectivo nas súas demandas. “ Imos seguir defendendo aos traballadores fixos-descontinuos ata lograr a condición de fixos todo o ano e ampliando as nosas funcións para poder traballar tamén na prevención”, anuncian desde ATRIFOGA, lembrando que “onde houbo lume sempre quedan cinzas”.
Escribe o teu comentario