Alerta en varias provincias galegas por temporal

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia de la Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo.

|

En principio estas alertas están vixentes desde o mediodía do venres ata a medianoite. Para o sábado non están previstas alertas.


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia de la Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo.


ALERTAS AEMET GALICIA




Segundo informou a Vicepresidencia de la Xunta, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) indicou que o episodio adverso costeiro de nivel laranxa afectará o noroeste e oeste da Coruña e a Lugo. Hai alerta amarela no resto da costa galega.  No interior, case toda a provincia de Lugo estará en alerta por vento. 


En principio estas alertas están vixentes desde o mediodía do venres ata a medianoite. Para o sábado non están previstas alertas.


ONDAS DE GRAN TAMAÑO

En concreto, espéranse ventos do oeste ou suroeste con forza 7, que poden chegar a forza 8 na zona de Ortegal-Bares, con mar combinada do oeste e ondas de cinco a seis metros.


Por iso, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas, Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.


RECOMENDACIÓNS NAS PRAIAS E PORTOS

Debido ao temporal costeiro, a Xunta recomenda evitar aproximarse a diques ou rompientes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e xanelas.


Tamén aconsella permanecer lonxe da costa, de praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar. E recomenda a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras "como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas", incidiu.


Temporal Galicia, vento, choiva, mal tempo





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE