Protestas contra os despedimentos en R a pesar de dar beneficios

CC.OO., UXT e CIG manteñen por agora a unidade de acción e anuncian novas protestas este mércores pola tarde na Coruña. "A pesar de os resultados económicos positivos", Galicia sufrirá o 40 % do total de despedimentos, quéixanse os traballadores. As centrais tamén aseguran que a nova xestión busca deslocalizar o traballo en diferentes áreas, fundamentalmente mantemento, engeniería, desenvolvemento e atención telefónica.


|

Os novos tempos en Euskaltel cuestionan a estabilidade do consolidado proxecto galego  de R Cable. A matriz vasca -agora controlada por un fondo de investimento transnacional Zegona- anunciou esta semana 25 despedimentos dentro do grupo. Deles polo menos 10 serán en R.



Sede central de Euskaltel



Os trabajaodres xa reaccionaron con concentracións este venres diante das oficinas de A  Coruña e Vigo. Foron en total máis de cen persoas as que participaron, segundo os sindicatos. CC.OO., UXT e CIG manteñen por agora a unidade de acción e anuncian novas protestas este mércores pola tarde na Coruña. 


"A pesar de os resultados económicos positivos", Galicia sufrirá o 40 % do total de despedimentos, quéixanse os traballadores. 


As centrais tamén aseguran que a nova xestión busca deslocalizar o traballo en diferentes áreas, fundamentalmente mantemento, engeniería, desenvolvemento e atención telefónica. Calculan que así se poderían perder máis de 500 empregos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE