A selección de basket logra o seu segundo ouro continental ante Francia
A selección española de baloncesto feminino consegue o seu cuarto ouro continental tras vencer na final do Eurobasket a Francia por 86-66.
Pé de foto: As xogadoras da selección celebrando o seu triunfo. Autor: @selecciónfemenina
A selección española de baloncesto feminino consegue o seu cuarto ouro continental tras vencer na final do Eurobasket a Francia por 86-66.
O partido estivo dominado de principio a fin polas mozas de Mondelo, grazas a unha boa defensa e os tres triplos consecutivos de Xargay que marcou o camiño da Selección española. A catalá non perdeu ritmo ao longo do choque e finalizouno con 23 puntos o partido ante as francesas.
Francia tentou darlle a volta ao partido tras o descanso pero as campioas mantiveron a vantaxe por encima dos 10 tantos. Con todo, un tempo morto de Mondelo terminou de centrar ás xogadoras, que volveron incrementar o seu nivel defensivo.
Ao magnífico palmarés da selección española de baloncesto únese unha nova medalla de ouro (1993, 2013, 2017 e 2019) que fai máis grande a un grupo histórico.
LAIA PALAU ENTRA NA LENDA DO BALONCESTO FEMININO EUROPEO
A medalla conquistada por España en Belgrado non só supón un éxito máis da Selección nunha traxectoria verdadeiramente extraordinaria. Tamén ha encumbrado a Laia Palau á categoría de auténtica lenda da historia do baloncesto feminino europeo, colocándoa case á altura de dous grandes mitos como as soviéticas Uliana Semenova e Olga Sukharnova.
Con nada menos que 8 medallas na súa palmarés, Laia Palau xa é lenda na historia do Eurobasket. A eterna capitá de España superou á rusa Maria Stepanopva e alcanzou en solitario un chanzo do podio de todos os tempos. Só dúas xogadoras míticas, as soviéticas Uliana Semenova e Olga Sukharnova - dúas das grandes da selección da URSS que dominou os Eurobasket durante practicamente catro décadas con 21 ouros, 17 deles consecutivos- presumen de máis metais que Laia.
O REY MIDAS DO BASKET FEMININO, LUCAS MONDELO
Lucas Mondelo é o rei Midas do baloncesto feminino e acaba de gañar outro ouro coa selección para converter en costume o que é un prodixio.
A súa serie é inédita no deporte español: ouro, prata, bronce, prata, ouro, bronce e ouro desde 2013, ano no que se estreou á fronte da selección para gañar o Europeo en Francia a Francia. Todas as ascensións aos cumes comandounas el, os Europeos (2013, 2017 e 2019), os Mundiais (prata en 2014 e bronce en 2018) e Xogos Olímpicos (prata en 2016).
"Escóitache e enténdeche", di Laia Palau sobre o adestrador nado en L'Hospitalet, culé de corazón e admirador de Guardiola.
Escribe o teu comentario