Martiño Noriega, posible novo líder da esquerda rupturista galega


ANOVA, Podemos e Esquerda Unida xa traballan nunha nova ferramenta para presentarse ás eleccións, candidatura que probablemente non levará a marca Galicia En Común, usada nas xerais. O portavoz de ANOVA abre a porta a que o seu compañeiro de partido, o ex-alcalde de Santiago, sexa o referente da confluencia.


|

ANOVA, Podemos e Esquerda Unida xa traballan nunha nova ferramenta para presentarse ás eleccións, candidatura que probablemente non levará a marca Galicia En Común, usada nas xerais. O portavoz de ANOVA abre a porta a que o seu compañeiro de partido, o ex-alcalde de Santiago, sexa o referente da confluencia.

 

O deputado do grupo parlamentario de En Marea Antón Sánchez destacou este domingo ao exalcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, como "un referente" e "un dos imprescindibles" que, ao seu xuízo, é "capaz de liderar espazos plurais".


Á esquerda, o deputado do grupo parlamentario de En Marea, Antón Sánchez.

Así o sinalou o tamén portavoz de Anova nunha entrevista na Cadea Ser recollida por Europa Press, onde asegurou que En Marea foi unha aposta "valente" da que sente orgulloso. Ademais, mostrouse convencido de que os cidadáns entenden as dificultades para manter unido ese espazo político.

En todo caso, o deputado no Parlamento de Galicia subliñou que "faltou diálogo para manter a unidade de En Marea", aínda que apostilou que é necesario un instrumento similar "porque os problemas dos galegos son os mesmos".

Preguntado sobre se Martiño Noriega podería encabezar ese novo proxecto, Sánchez non o descartou e declarou que "dependerá tamén del (Noriega)" xa que "para moitas persoas no espazo é un referente".

"É unha persoa capaz de liderar espazos plurais e ademais unha persoa nova e creo que vai ter un compromiso político para sempre", insistiu o líder de Anova na mesma entrevista, recollida por Europa Press.


Martionoriegaalcaldiasantiagocampaa



NECESIDADES DE GALICIA
Antón Sánchez destacou que quere centrar o traballo do próximo período de sesións nas necesidades de Galicia e non nas discrepancias políticas. Nesta liña, subliñou que é necesario un instrumento similar a En Marea "para ter unha vivenda digna, un traballo, para non ter que emigrar", entre outras cuestións.

"Esas cuestións tan importantes non van vir só cun cambio de inquilinos nas institucións, non van vir do propio réxime e ten que haber un cambio máis fondo. Na medida que sexamos capaces de construír unha alternativa para toda esa maioría social que quere cambios profundos pois poderemos ser esa solución para dentro dun ano nas eleccións galegas", sentenciou.

CAMBIO DE NOME
Aínda así, non quixo entrar a falar sobre un posible cambio de nome do grupo parlamentario En Marea. Ademais, preguntado sobre se Anova presentarase en solitario ás eleccións autonómicas, Sánchez emprazou a este outono, cando a organización celebre a asemblea para tomar decisións sobre o seu futuro, aínda que "a militancia seguirá apostando por esas solucións valentes". Así mesmo, "non contempla" unha disolución da devandita organización.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE