​O Dépor feminino comeza a tomar forma

‘Misa’ convértese na cuarta fichaxe do equipo herculino, que prepara o seu desembarco na Primeira División Española. 


|

‘Misa’ convértese na cuarta fichaxe do equipo herculino, que prepara o seu desembarco na Primeira División Española.


Misa depor feminino



A Coruña terá un equipo en Primeira e con todas as da lei. O Deportivo Feminino empeza a debuxar a que será o primeiro persoal do club galego para a próxima tempada na Liga Iberdrola. E, como todo equipo, a base empeza polo arco, que conta cunha nova gardiá: Maria Isabel ‘Misa’.


A confirmación de Misa é a cuarta neste mercado de fichaxes, despois de María Méndez, Noelia Villegas e Esther Sullastres. A gardameta canaria chega desde o Atlético de Madrid, despois de ver que aos seus 20 anos a competencia na entidade colchoneira é demasiado grande. A Coruña é o mellor lugar para demostrar que coas súas 20 primaveras é unha porteira de primerísimo nivel e que pode despuntar na elite.


Con todo, para Misa este reto non supón unha novidade na súa carreira, senón un máis dos moitos que xa superou. Cunha medalla de ouro ao pescozo conseguida coa selección sub-19, a cérbera tamén atesoura a experiencia de ser mundialista coa sub-20 española. A súa idade non vai ser un impedimento para que Manu Sánchez aposte por ela. Como o resto de guerreiras branquiazuis, Misa planea dar moita guerra esta tempada, voando de pau a pau como unha canaria.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE