O Defensor do Pobo desvela graves problemas para reabrir a mina de Touro

Unha avaliación ambiental incompleta, uns informes sancionadores insuficientes e a obrigación descontaminar os ríos da zona antes dunha eventual reapertura da mina de cobre. Estas son algunhas das "suxerencias" que fai o Defensor do Pobo sobre a polémica mina de Touro, que pretende reabrir Cobre San Rafael co apoio da multiancional Atalaya Minning. . Informe completo no interior.


|

Unha avaliación ambiental incompleta, uns informes sancionadores insuficientes e a obrigación descontaminar os ríos da zona antes dunha eventual reapertura da mina de cobre. Estas son algunhas das "suxerencias" que fai o Defensor do Pobo sobre a polémica mina de Touro, que pretende reabrir Cobre San Rafael co apoio da multiancional Atalaya Minning.



Intervención no Congreso do Defensor do Pobo Francisco Fernández Marugán

Fernández Marugán, Defensor do Pobo


OS INFORMES DA EMPRESA SEGUEN SENDO DEFICIENTES

Os promotores da reapertura da mina de Touro seguen sen facer correctamente os seus deberes. "O nivel de definición e de detalle do proxecto segue sendo insuficiente en moitos dos aspectos relacionados coa súa afección ao medio hídrico", avaliou Augas de Galicia este mes de febreiro a documentación presentada por Cobre San Rafael.


Este revés non é o primeiro, pois a Administración emíteo despues de pedirlle máis "diversas subsanacións" á mineira. Así figura en o informe que acaba de emitir o Defensor do Pobo por mor dunha queixa remitida pola Asociación Tralapena.


HAI RÍOS CONTAMINADOS CON METAIS PESADOS

O documento tamén deixa constancia dos problemas de contaminación que sofren os regatos da zona, contaminados pola antiga mina, con presenza mesmo  de metais pesados: "As causas do incumprimento do estado ecolóxico atribúense á presenza de macroinvertebrados no río Brandelos e ás concentracións de ph e selenio no río Lañas; o estado químico deste último río débese á concentración de cadmio".


Augas de Galicia xa sancionou tres veces á titular da antiga mina -parte do mesmo grupo que Cobre San Rafael- en procedementos pechados xa administrativamente. Ningunha multa grave, entre as tres suman 55.000 euros. Iso ie, o informe específica que a data de hoxe non hai constancia de contaminación significativa no Ulla.


XUNTA: POUCAS INSPECCIÓNS E NON REMITE TODA A DOCUMENTACIÓN

De "insuficiente" cualifica o Defensor do Pobo a información remitida por  a Xunta sobre a  "inspección" do xacemento. O Defensor tira das orellas ao Goberno ao lembrarlle que "a Consellería de Economía non inspeccionou a actividade en cinco dos dez últimos anos". Sobre as inspeccións do ano pasado, acusa á Xunta de ocultarlle información pues non achegou nin o informe do Inspector de Minas nin explicou de maneira concluínte os novos procedementos sancionadores. Hai que lembrar que a ONU abriu precisamente unha investigación contra a Xunta por ocultar información sobre a minería.


Por Lei,  as Administracións teñen a obrigación de remitir ao Defensor do Pobo toda a información que este lle pida. Agora ben, o Defensor non ten capacidade nin sancionadora nin de impoñer o seu criterio ás administracións.


SUXERENCIAS DO DEFENSOR

Si pode emitir suxerencias e recomendacións, que no caso da mina de Touro, comprobadas as deficiencias de todo o proceso, son de amplo calado. Así, a Economía pídelle valorar non só a reapertura da mina senón a súa afectación noutras actividades económicas e no caso de que estes pesen máis, negar a reapertura:


"“1. Tramitar e resolver o procedemento de compatibilidade de dereitos mineiros con outros usos de interese público, en particular coa súa incidencia social e no medio rural, de acordo co artigo 24 da Lei de ordenación da minería de Galicia. E se se declara a prevalencia doutros intereses públicos respecto a os novos dereitos mineiros, desestimar a solicitude de reinicio da actividade extractiva de cobre". 


A Augas de Galicia reclámalle a emisión de un novo informe sobre os usos hídricos da mina e unha nova avaliación ambiental:


"Solicitar con carácter inmediato, a Augas de Galicia, a emisión do informe de suficiencia de medios hídricos para o desenvolvemento da actividade extractiva do cobre e demais recursos obxecto de concesión.


Impulsar a tramitación do plan de actividades extractivas e sometelo a avaliación ambiental estratéxica, con carácter previo á súa elevación ao Consello de Goberno para a súa aprobación"


Ademais, a Medio Ambiente suxírelle que esixa obrigar a restaurar tanto a calidade dos regatos como as zonas afectadas pola antiga mina que non entran no novo proxecto antes de que se empezo, no seu caso, a sacar cobre de novo.


SE A XUNTA QUERE APROBALA, AGORA É O MELLOR MOMENTO POLÍTICO

En definitiva, aínda que o Defensor do Pobo non se posiciona totalmente en contra da mina; si eleva o listón, e moito, para a súa reapertura.  Outra cuestión é que a Xunta lle faga caso.


Tarefas como restaurar os ríos e parte da zona antes de empezar de novo a explotar cobre levarían anos, como anos poderían levar tamén as novas avaliacións ambientais que reclama o Defensor.


A pelota segue, pois, no tellado de la Xunta, onde leva xa máis dun ano. Visto que a reapertura acumula reveses administrativos, o Goberno arríscase -e moito- a autorizar unha explotación cuns informes que, a día de hoxe, non son positivos.


A favor da reapertura xoga o tempo de a política. Os habitantes de Touro e O Pino acaban de reelixir a dous alcaldes que están a favor da explotación, aínda que tamén é certo que perderon apoios.


Comprobado o impacto electoral do polémico proxecto, desde o punto de vista político o PP ten vía libre para darlle luz verde. As eleccións autonómicas están aínda lonxe e o verán é boa época para publicar resolucións impopulares, polo menos entre parte da cidadanía.









relacionada O apoio á mina non tomba aos alcaldes de Touro e O Pino, aínda que perden concelleiros e votantes
relacionada ​Indignación en Touro polas declaracións Felipe Macías, "o pai dos tecnosolos", sobre o estado da mina
relacionada A mineira de Touro leva dous meses sen remitir a nova documentación que lle reclama a Xunta
relacionada O PSOE non se molla contra a mina de Touro porque "supoñería actividade económica"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE