O reconto definitivo confirma que o Baltar (PP) perde a maioría absoluta na Deputación de Ourense
O futuro do baltarismo queda en mans de Cs, despois de que Democracia Ourensana confirmase que mantén o veto a Manuel Baltar, aínda que non ao PP. Agora, o PP de Ourense tentará asegurarse a abstención, polo menos, dos laranxas.
O futuro do baltarismo queda en mans de Cs, despois de que Democracia Ourensana confirmase que mantén o veto a Manuel Baltar, aínda que non ao PP. Agora, o PP de Ourense tentará asegurarse a abstención, polo menos, dos laranxas.
O escrutinio definitivo das eleccións municipais deste domingo 26 de maio confirma que o PP perde a maioría absoluta na Deputación de Ourense, polo que o aínda presidente en funcións, Manuel Baltar, terá que recorrer a acordos para revalidar o seu cargo.
A xunta electoral deu a coñecer este mércores os resultados definitivos dos comicios locais na provincia, que deixan o pleno da Deputación coa seguinte conformación: 12 escanos para o PP; 9 ao PSOE; dous para Democracia Ourensá (DO); BNG mantería o deputado actual; e irrompería Cidadáns cun representante que podería ser clave para a gobernabilidade.
Segundo aseguran fontes populares, o PP quedaría a 850 votos na zona de Ourense de obter outro deputado provincial. Deste xeito ábrese un escenario inédito na Deputación, con Baltar tendo que recorrer a acordos para alcanzar os 13 escanos da maioría absoluta. Cs, que entra na institución, evita poñer "liñas vermellas" e ábrese a "falar con todos".
JÁCOME CONFIRMA O VETO A BALTAR E PROPÓN UN DIFÍCIL CUADRIPARTITO
Outra posibilidade sería a de contar cos dous escanos de Democracia Ourensá. Con todo, o seu presidente, Gonzalo Pérez Jácome, aposta por estudar a expulsión do presidente popular entre o resto de formacións, para o que propón un pacto a catro entre o seu partido, PSOE, BNG e Cidadáns. Con todo, de non lograrse esta fronte común, DO tampouco se pecha a alcanzar un acordo co PP.
Por tanto, está por ver agora se Cs cumpre coas súas promesas de rexeneración democrática ou mantén á saga familiar no poder. "Á hora de pactar na Deputación non é tanto o con quen, senón o para que" declarou onte Laureano Bermejo, líder do PP na cidade de Ourense.
O tamén secretario de organización de Cs Galicia era ata hai uns meses tenente de alcalde co PP de Ourense.
Escribe o teu comentario