Axudas para a redución de xornada fomentando a corresponsabilidade no ámbito do fogar

A Xunta convocou este mércores as axudas destinadas a mulleres e homes traballadores e familias monoparentais que decidan acollerse á redución de xornada para o coidado dos seus fillos. O orzamento ascende a máis de 741.000 euros, incrementándose en máis dun 34 por cento respecto ao ano pasado.

|

A Xunta convocou este mércores as axudas destinadas a mulleres e homes traballadores e familias monoparentais que decidan acollerse á redución de xornada para o coidado dos seus fillos. O orzamento ascende a máis de 741.000 euros, incrementándose en máis dun 34 por cento respecto ao ano pasado.


Entra en funcionamento o teléfono de atención á maternidade da Comunidade, o 900 92 32 92


O obxectivo destas axudas é promocionar unha repartición equitativa nas tarefas no ámbito doméstico, reprodutivo ou do coidado de fillos menores de tres anos, cuestións que recaen "na gran maioría dos casos" nas mulleres, segundo matiza o Goberno galego nun comunicado.

Por iso, os principais destinatarios da convocatoria son os homes, co fin de "non perpetuar o estereotipo de que é a muller quen ten que sacrificar a súa carreira profesional para atender elas case exclusivamente aos seus fillos". A pesar diso, tamén as mulleres poderán ser beneficiarias das axudas, en casos de unidades familiares monoparentais ou de parellas formadas por dúas mulleres.

A Xunta explicou que poderán ser beneficiarios aquelas persoas que soliciten a redución de xornada para o coidado do seu fillo (menor de 3 anos ou de 12 anos en supostos de discapacidade igual ou superior ao 33%) entre o 1 de xullo do pasado exercicio e o 30 de xuño deste ano.

Para unidades familiares non monoparentais, serán homes que se acollan á redución de xornada de empresa privada, administración pública ou organismo autónomo, entre outras.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE