Deteñen a un afeccionado nas bancadas do Anxo Carro por abusar dunha nova
Un home foi detido este domingo no estadio Anxo Carro acusado de realizar, supostamente, tocamentos a unha moza durante o transcurso do encontro entre o Club Deportivo Lugo e do Real Club Deportivo da Coruña.

Segundo informan fontes da investigación a Europa Press, o detido, residente na Coruña e duns 36 anos de idade, realizou tocamentos en reiteradas ocasións a outra afeccionada durante o partido.
A moza acudiu a varios axentes da Policía Nacional que se atopaban nas inmediacións para denunciar os feitos e que procederon a deter ao individuo.
O home continúa detido na comisaría de Lugo desde onte pola noite e os axentes atópanse investigando o caso e realizando xestións para poder realizar o visionado das cámaras de seguridade e tentar comprobar e verificar os feitos.
Escribe o teu comentario