Insuflando vida á montaña de Lugo cunha feira que renace 34 anos despois
Dinamizar a economía na montaña luguesa recuperando unha feira aparcada desde 1985. Este é un dos obxectivos da Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña, prevista para este sábado en San Román de Cervantes.
Dinamizar a economía na montaña luguesa recuperando unha feira aparcada desde 1985. Este é un dos obxectivos da Feira en Defensa do Gandeiro de Montaña, prevista para este sábado en San Román de Cervantes.
O programa empeza ás 9 horas coa recepción do gando, na que participarán os máis de 100 animais inscritos. Ao mediodía haberá poxa de exemplares de Acruga e a partir das 13:30 concurso de mellores vacas, touros e terneas tanto de raza loura galega como raza asturiana. Parao lecer, está previsto música tradicional, pulpeiras e mercado de artesanía.
O evento foi presentado este martes en Lugo. Está organizado pola Asociación Territorio Verde e conta co apoio da Deputación e o Concello local.
Territorio Verde traballa en campos como a recuperación natural, o apoio a emprendedores rurais e a cooperación gandeira. A medio prazo prevé unha nova edición da feira, no outono, que inclúa ademais mercado de produtores da zona.
Desde a Deputación, o vicepresidente, Argelio Fernández, destácase que citas así axudan a manter activa a milenaria relación entre gandería e paisaxe nos Ancares, potenciando ademais o turismo rural.
Escribe o teu comentario