A ONCE reparte máis de 1,7 millóns en Bergondo e Oleiros

O Cupón de Fin de semana da ONCE repartiu nos concellos coruñeses de Bergondo e Oleiros máis de 1.780.000 euros en 15 cupóns premiados.

|

O Cupón de Fin de semana da ONCE repartiu nos concellos coruñeses de Bergondo e Oleiros máis de 1.780.000 euros en 15 cupóns premiados.


O cupón da ONCE do sábado reparte máis de 1,7 millóns de euros en Bergondo e Oleiros (A Coruña)
Segundo informou a ONCE, un dos boletos foi premiado con 300.000 euros ao instante máis un soldo de 60.000 euros ao ano (5.000 euros ao mes) durante 20 anos consecutivos, no sorteo do sábado 4 de maio.

O vendedor de produtos de xogo da ONCE Benedicto Paz Viñas "é quen levou a ilusión aos seus clientes na súa ruta habitual de venda", concretaron as mesmas fontes, nas parroquias de Gandarío e Fiobre, do concello de Bergondo, e en Perillo, en Oleiros, ás portas do Lidl de Iñás.

Benedicto Paz, veciño de Sada, ten unha discapacidade física e vende cupónes da ONCE desde fai catro anos, os dous últimos nesta ruta de Bergondo, Guísamo e Perillo.

"Sabe que algúns dos cupóns premiados deixounos nunha panadería de Gandarío e noutra de Fiobre e algún o vendeu en Perillo, pero descoñece quen é a persoa que se levou o premio de millón e medio de euros", indicou a ONCE.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE