Só un de cada tres británicos votaría hoxe polo Brexit

Segundo unha enquisa de Opinium, o 55% dos británicos considera hoxe que a celebración dun referendo para saír da Unión Europea foi un erro.


|

Pasaron case tres anos desde que os británicos acudiron ás urnas para decidir a súa continuidade na Unión Europea. Pero, que pensan hoxe os cidadáns daquela convocatoria de referendo?


Segundo unha sondaxe realizada por Opinium para a publicación 'The Observer', o 55% dos enquisados considera que a celebración dun referendo do Brexit constituíu un erro e fose mellor non convocalo.


Brexit 5 1 1


As cifras desagregadas por partidos políticos tamén arroxan datos interesantes. O estudo sinala que mesmo entre os votantes 'tories' un amplo segmento arrepíntese da votación (un 49%). Entre os laboristas, un 72% cre que fose mellor non celebrar o referendo, fronte ao 18% que cre que foi adecuado.


E se se volvese a votar? Unha maioría do 46% de enquisados apoiarían seguir na Unión, fronte a un 34% que volvería votar saír da UE. Con todo, un 20% de votantes indecisos podería decantar a balanza cara á permanencia ou a saída.


O único claro a tres anos da celebración do referendo, é que Reino Unido é hoxe unha sociedade dividida metade por metade entre 'remainers' e 'brexiters'.



Theresa may juncker

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE